Documentación para realizar as Matrículas e Solicitude de prazas para as escolas infantís Municipais

Tes a túa disposición a documentación para realizar a matrícula nas escolas infantís municipais de Ames. Recorda seleccionar a escola onde realizaches a solicitude de praza e cubrir a documentación:

Documentación para realizar as Matrículas

Escola Infantil Municipal A Madalena

Documentación e impresos para formalizar a matrícula

A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para realizar a matrícula na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal A Madalena) para o curso 2021-2022.

O prazo de solicitude estará en vigor entre o 1 de Xuño ata o 15 de Xuño de 2021, ambos incluídos.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente na escola infantil municipal en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames https://sede.concellodeames.gal .

RECORDA:

  • Lee atentamente a documentación que está adxunta neste apartado, onde se recollen a información sobre o proceso de adaptación á escola, normas de funcionamento e comunicación, etc.
  • Cubre os impresos que veñen unidos á documentación (teléfonos de contacto, orde de domiciliación, autorización de recollida dos nenos e nenas, protocolos de actuacións, etc.)
  • Recorda que xunto cos impresos asinados terás que entregar:
    • 6 fotos (tamaño carné).
    • Fotocopia tarxeta sanitaria do neno ou nena.
    • Fotocopia do libro de vacinas.
    • Informe médico.
    • Copia da Declaración da Renda do ano 2020 do pai e nai (se non están obrigados presentarase certificado expedido por Facenda dos datos existentes).
  • A impresión dos documentos adxuntos deberá ser a unha soa cara.

DocumentacionMatriculaMadgalena.pdf

Escola Infantil Municipal O Bosque

DocumentacionMatriculaOBosque.pdf

Documentación para realizar as solicitudes de prazas

Escola Infantil Municipal A Madalena

A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal A Madalena) para o curso 2021-2022.

O prazo de solicitude estará en vigor entre o 1 de Abril ata o 15 de Abril de 2021, ambos incluídos.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente na escola infantil municipal en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames https://sede.concellodeames.gal .

CALES SON OS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR PARA REALIZAR A SOLICITUDE

A documentación a presentar é específica para cada unha das Escolas podendo presentar dúas instancias diferenciadas. É moi importante cubrir todos os impresos e asinalos.

  • 1. SOLICITUDE XERAL

  • 2. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN FAMILIAR

    • 1 fotocopia do DNI dos pais.
    • 1 copia autenticada do libro de familia completo.
    • No caso de ser familia monoparental presentarase sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais.
    • 1 copia autenticada do libro de familia numerosa se é o caso.
    • 1 copia do certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do pai/nai/titor legal ou outros membros da unidade familiar.
    • Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) ( Instancia_certificados ).

  • 3. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN LABORAL

    • 3.1. Xustificación de ocupación actualizada

      • 1 fotocopia da última nómina (para traballadores por conta allea).
      • No caso de baixa de maternidade entregarase fotocopia da última nómina de alta e da baixa de maternidade.
      • 1 fotocopia do último recibo de pagamento da cota á seguridade social (traballadores autónomos).
      • 1 fotocopia do último recibo de pagamento de cota da correspondente mutualidade (traballadores por conta propia).
      • No caso de estar realizando estudos oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.

    • 3.2. Xustificación de desemprego actualizada

      • Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior ao 1 de Abril do ano para o que se solicita).
      • Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación (revisable cada 3 meses) .
      • Declaración responsable de ser demandante de emprego ( Declaración_responsable_demandante_emprego ).

  • 4. XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA

  • 5. OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)

* Art. 9.5 RRI.- Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.

HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa:

Cumprirase estritamente o horario de cada cita.

As citas serán individuais, non podendo vir en ningún caso acompañados.

Deberase vir provisto de máscara e gardaranse as distancias de seguridade.

Esperarase fóra ata que o persoal da escola lle facilite a entrada.

Traerase toda a documentación cuberta.

Non se facilitará ningún obxecto de escritura

CANDO PODO FACER A MATRÍCULA

As listas provisionais publicaranse na web do Concello de Ames e nas propias escolas infantís municipais e o prazo de matrícula extenderase desde o día 1 ao 15 de Xuño.

Escola Infantil Municipal O Bosque

A continuación, tes á túa disposición a documentación necesaria para solicitar praza na Escola Infantil Municipal de Ames (Escola Infantil Municipal O Bosque) para o curso 2021-2022.

O prazo de solicitude estará en vigor entre o 1 de Abril ata o 15 de Abril de 2021, ambos incluídos.

A documentación pode presentarse tanto presencialmente en cada unha das escolas infantís municipais en horario de 9:00 a 14:00 h. previa cita, como a través da sede electrónica do Concello de Ames https://sede.concellodeames.gal .

CALES SON OS CRITERIOS DE BAREMACIÓN

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO PRESENTAR PARA REALIZAR A SOLICITUDE

A documentación a presentar é específica para cada unha das Escolas podendo presentar dúas instancias diferenciadas. É moi importante cubrir todos os impresos e asinalos.

  • 1. SOLICITUDE XERAL

  • 2. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN FAMILIAR

    • 1 fotocopia do DNI dos pais.
    • 1 copia autenticada do libro de familia completo.
    • No caso de ser familia monoparental presentarase sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno filiais.
    • 1 copia autenticada do libro de familia numerosa se é o caso.
    • 1 copia do certificado do grao de discapacidade e/ou dependencia do pai/nai/titor legal ou outros membros da unidade familiar.
    • Certificado de empadroamento e convivencia (serán solicitados de oficio polo persoal da escola unha vez entregada a solicitude) ( Instancia_certificados ).

  • 3. XUSTIFICACIÓN DA SITUACIÓN LABORAL

    • 3.1. Xustificación de ocupación actualizada

      • 1 fotocopia da última nómina (para traballadores por conta allea).
      • No caso de baixa de maternidade entregarase fotocopia da última nómina de alta e da baixa de maternidade.
      • 1 fotocopia do último recibo de pagamento da cota á seguridade social (traballadores autónomos).
      • 1 fotocopia do último recibo de pagamento de cota da correspondente mutualidade (traballadores por conta propia).
      • No caso de estar realizando estudos oficiais presentar certificado que acredite tal circunstancia para o curso correspondente.

    • 3.2. Xustificación de desemprego actualizada

      • Certificación de ser demandante de emprego no que se especifiquen as altas e baixas (con efectos do día anterior ao 1 de Abril do ano para o que se solicita).
      • Certificado do INEM que acredite se recibe algún tipo de prestación (revisable cada 3 meses) .
      • Declaración responsable de ser demandante de emprego ( Declaración_responsable_demandante_emprego ).

  • 4. XUSTIFICACIÓN DE SITUACIÓN ECONÓMICA

  • 5. OUTRA DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Terán a consideración de copia auténtica dun documento público administrativo ou privado as realizadas, calquera que sexa o seu soporte, polos órganos competentes das Administracións Públicas nas que quede garantida a identidade do órgano que realizou a copia e o seu contido.

As copias auténticas terán a mesma validez e eficacia que os documentos orixinais. (Artigo 27.2 LPAC)

* Art. 9.5 RRI.- Calquera indicio de cambio non declarado, de distorsión ou de falseamento da situación socio-familiar, da situación laboral-familiar ou da situación económica reflectidas na solicitude poderá dar lugar a que se inicie de oficio unha investigación para a comprobación dos referidos datos. Para a apertura deste expediente nomearase un instrutor/a que será o/a concelleiro/a de Educación, un secretario/a que será o/a secretario/a do Concello ou funcionario/a en quen delegue. A secretaria elaborará un informe que poñerá en coñecemento da comisión de baremación.

HORARIOS DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Para calquera trámite será preciso solicitar cita previa:

Cumprirase estritamente o horario de cada cita.

As citas serán individuais, non podendo vir en ningún caso acompañados.

Deberase vir provisto de máscara e gardaranse as distancias de seguridade.

Esperarase fóra ata que o persoal da escola lle facilite a entrada.

Traerase toda a documentación cuberta.

Non se facilitará ningún obxecto de escritura

CANDO PODO FACER A MATRÍCULA

As listas provisionais publicaranse na web do Concello de Ames e nas propias escolas infantís municipais e o prazo de matrícula extenderase desde o día 1 ao 15 de Xuño.

Solicitude Prazas Escolas Infantís

Información

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2024-2025 desde o 1 de MARZO ata o 1 de ABRIL de 2024.