Formulario e información sobre a baremación no comedor

Debido ao incremento progresivo de usuarios no servizo de comedores escolares no concello de AMES, estímase que a Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames non dispón actualmente da capacidade suficiente nin posibilidade de ampliación para aceptar todas as novas solicitudes previstas dentro do prazo de preinscrición cara o próximo curso, de cara a garantir un servizo de calidade faise necesario facer unha baremación para novos usuarios en cumprimento do artigo 22 do regulamento de comedores publicado no BOP nº31 o 13/02/2019: “[...] No caso de que o número de solicitudes supere a capacidade da oferta farase unha selección e terán prioridade as familias empadroadas no concello de Ames [...]”.

Formulario

Información

Solicitude Prazas Escolas Infantís

Información

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2024-2025 desde o 1 de MARZO ata o 1 de ABRIL de 2024.